trap-426389_1920

Convocatoria de axudas para rehabilitación e adaptación de Edificios Protexidos

As axudas representarán un 60% do orzamento aprobado

A convocatoria  diríxese ás comunidades de propietarios/as e realizaránse en réxime de Concorrencia Competitiva

As subvencións están destinadas á rehabilitación e adaptación dos Edificios de Vivendas protexidas promovidos tanto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo como os transferidos polo Estado á nosa Comunidade

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas en réxime de concorrencia competitiva ás comunidades de propietarios/as para realizar actuacións de rehabilitación e adaptación en Edificios Protexidos.  A intención, destas partidas é clara, segundo o propio Instituto Galego do Solo: “apoiar os esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios/as destas vivendas para acometer as obras necesarias para a adecuación aos requisitos de funcionalidade, seguridade e habitabilidade destes edificios.”

A contía subvencionada será do 60 % do orzamento aprobado na resolución de concesión, aínda que o orzamento subvencionable virá definido unha vez se dispoña do custo total da obra.

Os edificios que se inclúen no marco destas axudas están promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo, pero tamén se inclúen os transferidos polo Estado á Comunidade galega, e poderán optar á convocatoria todos aqueles que teñan máis de dez anos e reúnan as condicións de seguridade estrutural (se non o fan deberán xustificar a realización simultánea de obras nesta cuestión) .

A presentación de solicitudes é unicamente online a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia ata o día 16 de xullo.

Máis información

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *