underfloor-heating-3814621_1920

Vantaxes e inconvenientes do chan radiante

O chan radiante é unha das alternativas dispoñibles para manter quente un fogar. Consiste simplemente nunha rede de tubaxes baixo o pavimento sobre as que pasa auga quente a unha temperatura de entre 30 e 45 graos, o que provoca que o chan irradie calor e quente as estancias baixo as que se atopa.

Trátase dun sistema que cada vez adoptan máis fogares polas súas múltiples vantaxes, como poden ser a comodidade ou o aforro. Desde Área de Arquitectura queremos resumir neste post as principais vantaxes e algúns dos posibles inconvenientes deste sistema de calefacción para que poidas coñecelo mellor e valorar se se adapta ás túas necesidades.

Vantaxes do chan radiante:

  • A sensación de confort térmico: Ó tratarse de tubaxes repartidas ao longo do chan de cada estancia, a calor que irradian non se concentra nun só punto, como ocorre, por exemplo, no caso dos radiadores, senón que se distribúe de forma uniforme. Desta maneira conséguese unha temperatura agradable en calquera punto da habitación, que é o que se coñece como confort térmico.
  • aforro: O chan radiante permite aforrar, a longo prazo, entre un 10 e un 20 por cento con respecto ás facturas dos sistemas tradicionais. Sen dúbida unha porcentaxe considerable e a ter en conta para decantarse por esta opción de calefacción.
  • A estética: Outro dos motivos para optar polo chan radiante é precisamente a estética. E é que o chan radiante elimina a presenza de radiadores á vista, o que fai que as estancias poidan aproveitarse e decorarse sen a molestia que supoñen estes elementos.
  • Compatible coas fontes de enerxía renovables: O sistema de chan radiante é totalmente compatible coas enerxías renovables, xa que se pode xestionar a través de fontes de enerxía como a aerotermia ou a enerxía solar.

Desvantaxes do chan radiante:

  • prezo de instalación: Aínda que a longo prazo o chan radiante supón un aforro con respecto á factura dos sistemas tradicionais, nun primeiro momento o desembolso que hai que realizar para levar a cabo a instalación é máis elevado.
  • tempo que tardan en quentarse as estancias: O chan radiante é un sistema adecuado para vivendas utilizadas como residencia habitual ou vivendas nas que se pasan longas tempadas, xa que tarda un certo tempo en quentar a estancia. Desta maneira non está  aconsellado para vivendas nas que se pasan períodos curtos de tempo, como pode ser unha fin de semana.
  • Instalación máis complexa: A instalación do chan radiante é, polas súas características, máis complexa que a dos sistemas tradicionais de calefacción. Con todo, se se confía en profesionais expertos na materia isto non ten por que preocuparche.

Desde Área de Arquitectura esperamos que, con este post poidas entender e valorar mellor a posibilidade de instalar chan radiante na túa vivenda. Se queres coñecer máis opcións e adaptalas ás características do teu fogar, non dubides en consultarnos  sen compromiso. Estaremos encantados de asesorarche!

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *